Dende a Asociación Comunidade O Zulo queremos promover o uso de xogos libres poñendo a disposición dos nosos socios/as, amigos/as e simpatizantes un servidor de OpenArena.
OpenArena(OA) é un videoxogo 3D libre en primeira persoa. A primeira versión publicouse en Agosto de 2005 pouco despois de que o código fonte do mítico Quake III se liberase baixo licenza GPL.
PROXIMAS PARTIDAS
Xoves 24 de maio de 2012 de 22:30 ata as 23:15 horas
Servidor: xogos.comunidadeozulo.org
Contrasinal: *******
Domingo 20 de maio de 2012 de 22:30 ata as 23:15 horas
Servidor: xogos.comunidadeozulo.org
Contrasinal: *****
Xoves 17 de maio de 2012 de 22:30 ata as 23:15 horas
Servidor: xogos.comunidadeozulo.org
Contrasinal: *****
Nota : O contrasinal en minúsculas.
Algunhas preguntas que deberías ler antes de xogar....
Quero xogar a OpenArena, como instalo o xogo?
Se usas GNU/Linux, no teu "centro de software" busca o paquete openarena e instalao. Así de sinxelo. Se usas Microsoft Windows ou MacOSX podes visitar esta ligazón e descargar o xogo. Descomprime o arquivo e executa o xogo.
Como xogo en rede? Como me conecto?
É moi sinxelo. Para conectarte ao servidor da asociación so necesitas dous parámetros: un nome de servidor e unha contrasinal para conectarse a partida. Tanto o nome do servidor, o contrasinal , a data e a hora das partidas programas publicaranse nesta mesma páxina uns minutos antes do comezo da partida. Imos ver un exemplo.
Imaxina que a dirección do servidor é : unhapartida.comunidadeozulo.org a contrasinal da partida é 1234 , os pasos para realizar con éxito a conexión serían:
- Executar o xogo
- Moi importante : pulsar a combinación de teclas SHIFT + ESC para entrar en modo comandos de OpenArena
- teclear /password 1234 e logo pulsar INTRO
- teclear /connect unhapartida.comunidadeozulo.org e pulsar INTRO
Deberías poder conectarte ao servidor. Lembra que estos datos son un exemplo! Non funcionan!
Cando e donde publicades as partidas e horarios?
Sempre nesta mesma páxina e na conta de Twitter da asociación @ozulo . Temos conectada a conta de Twitter ao noso perfil en Facebook, polo tanto por esa canle tamén estarás informado.
Durante as partidas, como podo comunicar coa asociación....
Dende a web da comunidade o enviado un "reply" a nosa conta en twitter @ozulo
Teño que ser socio/a para poder xogar?
Non, pero se queres colaborar a que esta e outras actividades se manteñan, sempre podes axudarnos....Faite socio/a!
Por que non é adicado o servidor?
Polo momento so levantaremos o servizo uns intres antes de cada partida programa. Nun futuro, probablemente antes do Kernel 2012, se temos tempo e recursos e sobre todo un ou varios administradores do servidor, deixemos como adicado o servizo.
Ten paciencia....
...esta actividade realizase por voluntarios/as no seu tempo libre.
Trucos e consellos antes de xogar
Cambia o nome do xogador. No menu "Setup", "Player" podes cambiar o nome do xogador, así poderemos publicar os/as gañadores/as das partidas. Na opción "Model" podes cambiar o teu personaxe no xogo.
Chat durante as partidas. Polo momento no temos un servizo de voz para as partidas, así que terás que comunicarte co chat de OpenArena. Para abrir o chat pulsa a tecla t escribe a túa mensaxe e pulsa INTRO. Deberías ver a mensaxe na parte superior da pantalla.
Normas de xogo
Xogaremos na modalidade "todos contra todos".
Xogaremos con 4 mapas : aggressor , delta , kaos2 e oasago2
O tempo máximo dunha partida será de 10 minutos cun máximo de 20 "frags" por partida.
Por cada partida habilitaremos 2 bots(xogadores automáticos creados polo servidor).
Non se pode usar o chat para insultar, falta ao respeto ou similar.
O incumplimento das normas poderá ser sancionada cun "baneo"(expulsión) do servidor.
Resolucións de problemas
"Awaiting snapshot" : Se recibes esta aviso e o xogo non carga o mapa deberás crear un arquivo de nome autoexec.cfg dentro do cartafol /home/usuario/.openarena/baseoa co contido:
seta com_hunkmegs "256"
seta com_soundmegs "64"
seta com_zonemegs "64"