Concurso Tapería Plaza Kernel 2012

É un pracer comunicar que, un ano máis, Tapería Plaza patrocinará o IX Ciberencontro Concello de Mugardos Kernel 2012, co xa clásico concurso de "checkins". Que é iso do concurso de checkins? Moi sinxelo: cada participante no Kernel terá o seu cupón que deberá cuñar na Tapería Plaza cada vez que visite o local. Cada visita/consumición é un punto. Se subes á rede Foursquare un "checkin" con foto, á hora do reconto de puntos, a organización do Kernel sumará un punto máis por cada checkin con foto. O premio? O gañador recibirá un vale para dúas persoas para un menú degustación na Tapería Plaza.

 

Dende a Asociación Comunidade O Zulo queremos agradecer a colaboración de Tapería Plaza un ano máis no Kernel 2012. Grazas!

[ Máis sobre Tapería Plaza]