Baseados na experiencia
- Descansa. Non por deixar de durmir vas a disfrutar máis do "Kernel 2012".
- Lista de obxectos. Fai unha lista de obxectos e trebellos: cargador do móbil, auriculares, documentación(D.N.I), cableado do PC. Antes de marchar do Kernel, comproba que tes tódolas túas cousas.
- Roupa. Tanto se tes pensado quedar a durmir como se non, recomendamos traer roupa de abrigo. A Casa da Cultura non é o Polo Norte, pero lembra que estaremos a finais de setembro....
- Localización.Se ves de fora de Mugardos ou é a primeira vez que ves ao Kernel, asegúrate de que sabes chegar. É moi sinxelo, por se serve de axuda, deixamos unha ligazón ao Google Maps [ ver ].
[ O descanso é fundamental para disfrutar do Kernel 2012 ]
- Comida. En Mugardos podes comer ben a prezos razoables. Consulta coa organización se tes dúbidas! Lembra mercar o que necesites(bebida, comida...) durante o día.
- Se tes un problema, primeiro pregunta aos teus compañeiros, e se ninguén pode solucionalo, consulta coa organización.
- Relatorios e actividades. Gran parte do éxito do Kernel 2012 está nas actividades que se inclúen no programa. A organización traballou moi duro para poder organizalas, participa!
Técnicos
- Antes de ir ao "Kernel 2012" aconsellamos realizar unha copia de seguridade de tódolos documentos e arquivos que consideres "importantes".
- Trae unha copia do teu sistema operativo. Nunca se sabe cando podes necesitar reinstalar o sistema.
- Configuración de rede. Se tes a túa configuración de rede personaliza, recomendamos tomar nota pois é moi probable que a configuración de rede do Kernel 2012 sexa distinta.
- "Carpetas compartidas". Non mostres as carpetas compartidas, as "copias de seguridade" dos arquivos de vídeo e música no Kernel 2012 compartímolos por DC++.
- (a)Emules, Ares e demáis. Non "Kernel 2012" non usamos nin "mulas", nin "ares", nin "torrentes". Ainda que teñas configurado calquera aplicación de descarga masiva, non funcionará. Para compartir "copias de seguridade" usamos clientes de "Direct Connect" . Recomendamos que antes de vir instales algunha das seguintes aplicacións:
- Espazo en disco. Os/as asistente ao "Kernel 2012" comparte moitas "copias de seguridade". Recomandamos acudir cun espazo en disco suficiente.