Partimos da base de que a imparcialidade é un recurso escaso na sociedade actual. Sendo este recurso tan escaso, compre non abusar da pluma, ou do teclado neste caso, e pensar un pouco o que escribimos antes de pulsar o botón "Publicar" nun sitio de tanta reputación como é ZDNet. Parece ser que o señor Ed Bott, que el mesmo de autodefine como "A veteran, grizzled, occasionally bearded technology journalist" no seu blogue persoal, non pensa antes de escribir. Nunca mellor dito "de vez en cando periodista especializado en tecnoloxía"(traducido literalmente do seu blogue). ¿Pero que escribiu este tipo? O noso querido amigo Ed ven de publicar en ZDNet que "Un troiano para Linux acaba co monopolio do malware en Windows".Parte dunha afirmación particular para logo,intencionadamente, atacar ós usuarios e o propio sistema operativo GNU/Linux - Linux xeralizando unha falsa inseguridade neste sistema operativo.
Certo é que o exemplo do software infectado cun troiano pode servir como fundamento simple para afirmar que Linux é un sistema inseguro, e dar a benvida ó mundo privativo de Micro$oft Windows. Sexamos serios señor Bott. Vostede está a falar de un paquete tar.gz, é dicir, un paquete que conten o código fonte, non dun paquete precompilado que sirva de base para poder entrar logo nunha distribución tipo Debian GNU/Linux, Ubuntu ou Fedora. Para instalar este software é necesario intervención humana(persoas señor Bott), o cal, ó noso xeito de analizar e ver as cousas, desmonta por completo a súa falacia.
A ignorancia e moi atrevida e vostede é un ignorante. ¿Coñece vostede o riguroso que son as distribucións(como norma xeral) Linux en relación ó listado de paquetes "oficiais" que forman parte das mesmas? Señor Bott, visite o sitio http://www.debian.org/Bugs e despois escriba de novo o seu ¿artigo?. Señor Bott, visite http://www.top500.org/stats/list/35/os e escriba no seu blogue unha razón pola cal o 81% dos super computadores, dunha lista de 500, usan Linux e por que so o 1% usa Microsoft Windows; ¿cuestións de seguridade?. Señor Bott, explique os seus lectores a relación entre as grandes corporacións adicadas ó desenvolvemento de sistemas antivirus para plataformas Windows e Microsoft Corporation. Señor Bott vostede é libre para escribir e pensar como queira, pero rectificar é de sabios.