Dende tempo inmemorial e ata ben entrado o século XX, fontes e lavadoiros, contribuíron ao desenvolvemento da vida diaria dos nosos devanceiros, fundamentalmente no rural galego.
Agora, en pleno século XXI, a chegada das novas tecnoloxías foron decisivas na mellora da calidade de vida, e fontes e lavadoiros deixaron de ser de utilidade e pouco a pouco fomos afastándoos da nosa vida, e, o que é máis preocupante, do noso entorno e, por engadido, da nosa historia.
Dende o proxecto "A Cultura da Auga" queremos dar a coñecer as “Fontes e Lavadoiros” do Concello de Mugardos, con datos, imaxes, lendas e anécdotas de cada unha delas/deles, contadas de primeira man polos/as veciños/as de tódalas parroquias do Concello.
É un pracer anunciar a publicación do proxecto e do sitio web www.aculturadaauga.org o vindeiro sábado 31 de xaneiro de 2015, as 19:30 no Salón de Plenos do Concello de Mugardos. Agardamos a vosa presenza no acto!
Lembrade a que a partires das 20:30 estades convidados, petiscos diante, a coñecer tódalas anécdotas deste proxecto na "Tapería Plaza".