Radio Tray é unha aplicación para sistemas GNU/Linux para escoitar streaming de radio . A sua interfaz minimalista ó executarse escóndese directamente na bandexa do sistema.
Como indican na web do proxecto, Radio Tray non é un reproductor de arquivos multimedia, simplemente é unha pequena aplicación para reproducir radios que emiten en internet. A súa licenza e GPL.
Destacamos como características principais:
- Reproduce os formatos basados en bibliotecas gstreamer
- Sinxelo(moito)
- Soporta o formato PLS para listas de reproducción (Shoutcast / Icecast)
- Soporta el formato M3U
- Soporta ASX, WAX e WVX
Para instalar a versión 0.6 , fai click nesta ligazón e deixa que GDebi faga o resto do traballo. Unha vez finalizada a instalación, en Ubuntu ou sistemas con escritorio GNOME, para executar Radio Tray, podemos localizar un lanzador en Aplicacións/Son e Video.
[Notificación de Radio Tray]
[Configuración de Radio Tray]