Relatorio "Estudos de saúde con software libre: EpiLinux"

Relatorio : "Estudos de saúde con software libre : EpiLinux"

Ponente: Miguel Ángel Rodríguez Muiños

Data: 22 de setembro de 2012 - 12:40 horas.

Lugar: Casa da Cultura Concello de Mugardos [ Como chegar ]

Máis información sobre o proxecto EpiLinux:

Xa faltan poucos días para unha nova edición do Kernel 2012 e como adianto da "xornada estrela" do #k2012, Miguel Ángel, ponente da charla "Estudos de saúde con software libre : EpiLinux" enviounos un breve resumo do relatorio.

O relatorio tratará sobre a posibilidade de realización de estudos de saúde con software libre, concretamente coa distribución EpiLinux(versión 3) especialmente axeitada para esta tarefa. Ademáis, amosarase aos asistente como construir, dun xeito sinxelo a súa propia distribución Linux.

EpiLinux é un sistema operativo completo e autónomo, sinxelo, e orientado a tódalas persoas, tanto profesionais coma estudantes, que desenvolven as súas actividades nos campos da epidemioloxía, a bioestatísitica e os estudos de saúde en xeral.

Esta distribución(versión de Linux) achega un conxunto de programas de uso xeral e unha recopilación de software para a realización de estudos de sáude. Entre eles, podemos destacar R( www.r-project.org) con seus entornos gráficos RCommander,RStudio,Deducer e Rkward, ademáis dunha colección presinstalada de librerías. Inclúe tamén, software de referencia no campo da epidemioloxía como Epidat 4, OpenEpi, EpiGrass; e da bioestatística como Octave, PSPP, SciLab, Quantu, GIS, Maxima...

[ Imaxe dunha máquina correndo EpiLinux 3.0 ]

Epilinux actualízase dende os repositorios orixináis destes programas polo que o sistema dispón das últimas versións en todo momento e ademáis, os usuarios/as poden executalo dende un DVD ou unha chave USB en modo “live”. Tamén pódese instalar no disco duro do equpo coma sistema operativo principal ou compartido con outros sistemas, coma por exemplo Microsoft Windows ou GNU/Linux.

Baseado en Ubuntu 12.04 LTS co entorno gráfico LXDE, EpiLinux é unha distribución lixeira, “usable”(de usabilidade) e cun rendemento excelente, recomendada para equipos con poucos recursos e “netbooks”, ainda que é nas máquinas máis recentes onde EpiLinux pode desenvolver toda a súa potencia.

A nova versión permite dispoñer, dentro un entorno totalmente configurado,actualizado, homoxéneo e de libre distribución, de tódalas ferramentas necesarias para a realización de estudos epidemiolóxicos, bioestatísticos e de saúde en xeral.