Relatorio/Evento: Drupal BoF Kernel 2012

Despois do éxito das pasadas edicións da “Noite Drupal & GNU/Linux” celebradas en Mugardos, Vigo, Ordes e A Coruña, a Asociación Comunidade O Zulo pretende continuar promovendo o uso de tecnoloxías libres e abertas no eido do desenvolvemento de aplicacións e sitios web. Aproveitaremos a celebración do IX CiberEncontro Kernel 2012 en Mugardos, para agallar un “Drupal BoF” que sirva para atraer ao maior número de xente posible interesada no desenvolvemento web.  O “BoF” e libre e aberto, é dicir, non tes que estar inscrito no Kernel 2012 para asistir. Eso sí, se non te inscribes non terás a túa camisola. Xa estás tardando en visitar http://kernel2012.comunidadeozulo.org !!!

 

Datos do evento:

Relatorio/Evento: Drupal BoF Kernel 2012

Data: 21 de setembro de 2012 ás 21:00

Lugar: Casa da Cultura Concello de Mugardos.

 

Que é un BoF?

Un BoF() é unha reunión informal de persoas interesadas nunha temática común, neste caso o CMS Drupal.

Sodes todos uns gurús do tema, que pinto eu nun BoF?

Non somos gurús. O único en común que temos e o interese nas tecnoloxías web. Podes atopar dende desañadores ata mestre interesados en construir sitios web dun xeito sinxelo,profesional e rápido.

Tedes obxectivos marcados?



Se así fose, o BoF xa non sería tal. Nun principio plantexamos a idea de migrar o actual sitio web da “Asociación Comunidade O Zulo” de Drupal 6 a Drupal 7. Esa é a idea. Achegar propostas entre tódolos asistentes para mellorar este sitio web.

 

 

[ Participantes da "IV Noite Drupal & GNU/Linux, Abril 2012, A Coruña]

Quero aprender!

Nós tamén. Anímate é asiste ao BoF!

Teño que levar o meu ordenador?

Non é necesario, pero se queres levar un Drupal e alguna distribución GNU/Linux no teu portátil ou PC, xa sabes!

Canto dura un BoF?

En principio contamos que un par de horas, pero a nosa idea é extendelo ata o domingo 23.

Que é Drupal?

Drupal é un sistema de xestión de contidos(CMS), modular, multipropósito e moi configurable que permite publicar artigos, páxinas e outros servizos engadidos como poden ser foros, enquisas ou blogs.

 

[ Drupaleiros galegos na "III Noite Drupal & GNU/Linux, Ordes, Decembro 2011]

 

Drupal é dinámico, é dicir, en lugar de almacenar os contidos en arquivos de xeito fixo, o contido almacénase en bases de datos.

Drupal é software libre, con licenza GNU/GPL, escrito en PHP programado e mantido por unha comunidade moi activa. Destaca pola calidade do código e polo resultado final das páxinas xeneradas, o respecto aos estándares web e especial atención pola usabilidade e accesibilidade. O deseño de Drupal é idóneo para desenvolver e xestionar comunidades en Internet; asi pois, a súa flexibilidade e adaptabilidade e a gran cantidade de módulos adicionais, fai de Drupal a solución axeitada para desenvolver sitios.

Drupal é un xestor de contidos que pode utilizarse para aplicacións tan diversas como:

  • Portais comunitarios

  • Foros de discusión

  • Sitios web corporativos

  • Aplicacións para intranets

  • Sitios personais ou blogs

  • Aplicaciónsde comercio electrónico

  • Directorio de recursos

  • Sitios de redes sociais

Drupal proporciona "de serie" varias funcionalidades, entre elas:

  • Sistema de módulos flexible.Os módulos son acoples que poden modificar e engadir funcións a un sitio web construído con Drupal. Para case calquera funcionalidade requerida, as alternativas son moitas e boas, xa que aínda que un módulo non encaxe na necesidade real, é posible que en combinación con outros, a funcionalidade requerida quede resolta.

  • Sistema de temas personalizable.Toda a saída en Drupal é personalizable, de xeito que podemos modificar a apariencia e a sensación do noso sitio web segundo os requerimentos.

  • Creación de contidos extensible.Podemos definir novos tipos de contidos(un blog, un evento...) nun intre. Os módulos contribuídos poden darlle un empurrón máis alá ao noso sitio e permitir aos administradores a creación de campos personalizados dentro dos tipos de contidos recentemente creados.

  • Optimización do motor de bú.squeda(SEO). Drupal ofrece soporte para sistemas de URL lexibles por humanos, e toda a produción de Drupal respecta os estándares. Estas dúas características fan de Drupal un producto/peza de software moi orientada ao SEO.

  • Permisos baseados en roles. Roles personalizados e un completo control sobre os permisos permite controlar a xestión de contidos dun xeito eficaz. Ademáis, os módulos existentes poden levar este control de accesos por enriba do nivel de usuario.

  • Ferramentas de publicación social e colaboración. Drupal conta con soporte integrado para ferramentas como blogging, comentarios, publicación automática en redes sociais, foros e perfís de usuarios personalizados