É un pracer para a Asociación Comunidade O Zulo confirmar tanto a resolución como o pagamento da subvención para entidades sen fin de lucro concecida polo Concello de Mugardos e ratificada na resolución 86/2012 do seis de febreiro de 2012.
A cantidade final ascende a trescentos euros ( 300 € ). Sen dúbida esta é unha boa nova para tódolos socios, socias, amigos e amigas da asociación, pois permitirá seguir mantendo a actual estrutura tecnolóxica da asociación(servidores web, dominio e servizo de correo), así como afrontar con garantías a organización da novena edición do ciberencontro Kernel 2012, que celebraremos en Mugardos en setembro deste mesmo ano.