O pasado mes de Xuño Asociación Comunidade O Zulo asinou coa AMTEGA o convenio para participar no programa de Voluntariado Dixital. Froito deste acordo, a asociación recibiu como doazón 10 equipos informáticos reciclados que serán entregados sen custo a asociacións ou organizacións sen arela de lucro que así o demanden.
A primeira entidade en recibir o equipo infomático foi o Ateneo Ferrolán. Esta mañá ás 11:00 horas, Pablo Robatto, Vicepresidente da asociación e Francisco Javier Montero Dongil en representación da Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán, asinaron o convenio e certificaron a entrega do equipo.
[ Sinatura do convenio e entrega do equipo na sede do Ateneo Ferrolán ]
O equipo corre con sistema operativo Xubuntu Linux 16.04 en Galego, e aplicativos como LibreOffice, Thunderbird ou Firefox para tarefas ofimáticas e multimedia.
Dende aquí queremos convidar a tódalas asociacións ou colectivo que así o precisen, a contactar coa asociación vía email en asociacion @ comunidadeozulo.org para participar neste proxecto de entrega de equipos correndo Software Libre.
Asociación Comunidade O Zulo é una asociación sen arela de lucro que traballa desde hai 15 anos para promover o software e cultura libre desde Mugardos.