TrocoKernel 2012 - Mercadiño tecnolóxico

Tes hardware que non usas? Un disco duro que xa non necesitas? Lembras esa placa base que xa non queres? Achega o hardware que non necesita ao Kernel 2012 e cambia ou vende con outros/as participantes no evento.

Que é iso do TrocoKernel2012?

Pois unha iniciativa da Asociación Comunidade O Zulo para promover o intercambio de trebellos tecnolóxicos entre os asistentes ao Kernel 2012.

Cando e onde é o TrocoKernel2012?

Será do Venres 21 de setembro de 2012 ás 18:00 horas ata as 17:00 horas do 23 de setembro de 2012 na primeira planta da Casa da Cultura do Concello de Mugardos. Achégate!

¿Canto custa a inscrición no MercadoKernel?¿Teño que inscribirme no Kernel para deixar o meu "hardware"?

Non é necesario, a entrada é de balde, de tódolos xeitos...estás seguro/a de que non queres inscribirte?

¿Cómo identifico o meu material?

É moi sinxelo. Ó chegar cubres un "Formulario de identificación" para cada aparello que desexes trocar ou vender cos seguintes datos(é un exemplo).

  • Nombre do aparello: Disco duro 20XB
  • ¿Funciona? SI - NON
  • Preferencia :  VENTA - INTERCAMBIO - INDIFERENTE
  • Contacto : Email ou teléfono.

O "Formulario de identificación" é dobre, un pégase ó aparello e o outro gárdao a Organización. Cando se produza a venta/troco ou retirada do aparello, a persona terá que presentar o formulario a modo de resgardo.

¿Qué tipo de aparello podo levar?

  • PCs completos.
  • Caixas de PCs, fontes de alimentación, teclados, ratos, tarxetas de rede ou gráficas ou de TV, e compoñentes e PCs en xeral.
  • Monitores.
  • Routers  puntos de acceso wifi ou switches.
  • Reproductores DVD, Videos VHS ou BETA
  • Discos duros, chaves USB.
  • PDAs, móbiles ou portátiles.
  • Video consolas.

Non podo levar...

  • Televisores.
  • Frigoríficos.
  • Mesas nin mobiliario en xeral.
  • CDs de música ou películas en DVD,VHS,Laser Disc ...etc
  • Libros, revistas ou comics.

¿Canto gañades vos con todo isto?

0€. Nada. Os intercambios ou ventas son individuais, onde Asociación e Concello non teñen relación alguna cos nin con "vendedores" nin con "trocadores" .

E todo isto...por que razón?

En primeiro lugar por darlle un aire novo ós contidos do Kernel. E segundo lugar, pero non por iso menos importante, por un compromiso ético e moral co concepto de ecoloxía, tanto pola parte da "Asociación Comunidade O Zulo" como polo Concello de Mugardos. En lugar de levar ao lixo os aparellos fomentamos a venda ou intercambio.