Case seguro que se non usas Mozilla Firefox coñeces o navegador. Unha das súas características é a súa personalización mediante as "extensións". Se non coñeces cómo personalizar Firefox, aquí tes unha recomendación con cinco extensión populares:
1.- Xmarks
Permite sincronizar os marcadores de Firefox entre diferentes ordenadores.É unha das extensións máis populares.Entre as súas características sinalar a perfecta sincronización, acceso web e sincronización de perfís
URL : https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/2410/
2.- Screengrab.
Permite ó usuario facer capturas en formato de imaxe.Con Screengrab é posíbel captura o escritorio por completo ou unha pequena porción do mesmo.
URL: https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/1146/
3.- Down them All!.
Anúnciase coma o primeiro xestor de descargas escrito para Firefox. Actualmente xa se descargou máis de 36 millóns de veces. ¿A qué esperas para descargalo?
URL: https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/201/
4.- Gmail notifier.
Un notificador de correo para buzóns de Gmail, un dos proveedores de correo electrónico máis populares e con maior crecemento dos últimos anos. Este complemento revisa o teu buzón e mostra unha mensaxe dentro de Firefox cada vez que chega un email.
URL: https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/173/
5.- FireFTP
Cliente FTP para Firefox, gratuito, sinxelo, seguro e multiplataforma que porpociona un acceso áxil a servidores FTP.