[ Xornada de 2022 no Mercado de San Telmo - Imaxe de Laura Baratas ]
O vindeiro sábado 24 de febreiro de 2024 celebraremos unha nova xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible de Mugardos. Desta volta o evento celebrarase no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, en quendas de mañá e tarde.
O obxectivo principal da xornada e visibilizar e "mapear" aqueles elementos patrimoniais, lugares, lembranzas que, ben polo paso do tempo ou porque forman parte da memoria das veciñas e veciños do Seixo, merecen o recoñemento neste proxecto.
O evento é GRATUITO e NON É NECESARIA INSCRICIÓN.
[ Vídeo resumo da xornada de 2022 ]
Ubicación:
- Local Sociedade Amigos da Paisaxe Galega . [ Ubicación -43.45522,-8.21436 ]
Date e horarios:
Sábado 24 de Febreiro de 2024.
Quenda de mañá de 11.30 - 14.00 horas.
Quenda de tarde de 17.00 - 20.00 horas.
A xornada é 100% autoxestionada e está organizada de xeito conxunto pola Asociación Comunidade O Zulo e a Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega, colectivo do podedes seguir as súas actividades na súa páxina de Facebook.
Consulta outros eventos relacionados:
- San Xulián - Novembro 2022 - [ Ampliar información ]
- San Xoan de Piñeiro - Novembro 2023 - [ Ampliar información ]