Aviso legal

 

INFORMACIÓN XERAL

Esta páxina web (en diante Sitio Web) https://www.comunidadeozulo.org o e dominio de Internet de segundo nivel comunidadeozulo.org están xestionados e son propiedade de :

Denonimación: ASOCIACIÓN COMUNIDADE O ZULO

CIF: G-70252051

Organización: Asociación sen arela de lucro, inscrita no Rexistro Central de Asociacións Galegas o 28 de Abril de 2010 con número 2010/014158-1(SC)

Enderezo para notificacións: Rúa Castelao 5-7 , 2I, 15620 Mugardos - A Coruña

Caixa de correo electrónico: comunidadeozulo (@) gmail . com 

Enderezo web: https://www.comunidadeozulo.org 

CONDICIÓNS XERAIS DE USO

O acceso ó sitio web é libre e gratuíto para todas as persoas, sen que para iso sexa necesario realizar unha suscrición ou contratación previa de algún servizo proporcionado pola nosa entidade. 

O usuario que utilice ou navegue polo noso sitio web acepta de maneira implícita as condicións de uso e demais especificacións do presente Aviso Legal. Todas aquelas persoas que accedan ao noso sitio web están obrigadas a facer un uso baseado na boa fe, o respecto á lei e ás obrigacións contidas no presente Aviso Legal. 

Así mesmo, o usuario comprométese a non introducir contidos inxuriosos ou calumniosos no noso sitio web. Tampouco bloquear ou danar de forma temporal ou definitiva as funcionalidades, contidos ou infraestrutura da web que a perxudiquen no seu uso. 

En caso de incumprimento total e/ou parcial por parte do usuario das condicións de uso ou calquera outra especificación deste Aviso Legal, a nosa entidade resérvase o dereito de denegar o acceso ao noso sitio web, sen previo aviso ao usuario infractor, así como a toma de medidas legais en defensa dos nosos intereses.

LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Asociación Comunidade O Zulo declina calquera responsabilidade respecto á información que se atope fóra desta web e non sexa xestionada directamente polo equipo humano que xestiona o sitio web. A función das ligazóns que aparecen nesta web é exclusivamente a de informar ao usuario sobre a existencia doutras fontes susceptibles de ampliar os contidos que ofrece esta web. 

Asociación Comunidade O Zulo non garante nin se responsabiliza do funcionamento ou accesibilidade dos sitios enlazados; nin suxire, convida ou recomenda a visita aos mesmos, polo que tampouco será responsable do resultado obtido. 

Asociación Comunidade O Zulo non se responsabiliza do establecemento de hipervínculos por parte de terceiros.

PROTECCIÓN DE DATOS

Asociación Comunidade O Zulo  cumpre coas directrices do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e demais normativa vixente en materia de protección de datos persoais, garantindo a correcta utilización e tratamento dos datos persoais do usuario. En ningún caso cedemos datos de persoas usuarias a terceiros.