O 6 de Decembro de 2021, Asociación Comunidade O Zulo publicou un comunicado na súa páxina web no que poñía de manifesto o seu malestar pola situación de abandono e deixadez por parte do Concello de Mugardos, en relación á xestión do convenios coa nosa asociación. 3 anos despois, seguimos igual.
O día 29 de Xaneiro de 2024 presentamos por rexistro, con número de solicitude 2024-E-RE-234, un documento coa nosa predisposición á sinatura do convenio e proposta de actividades.
[ CONSULTAR SOLICITUDE REXISTRO ]
O día 30 de Xaneiro de 2024, enviamos un correo electrónico á Concelleira de Cultura indicando a presentación por rexistro da proposta e solicitude.
Pasou Febreiro, Marzo, Abril, Maio, Xuño, Xullo, Agosto, Setembro, Outubro e vai rematar Novembro e seguimos sen resposta.
O Mércores 20 de Novembro de 2024 enviamos correo electrónico ó goberno municipal (Alcalde,Concelleiros e Concelleiras), manifestando o noso malestar e solicitando, de novo, unha resposta ás nosas comunicacións.
Hoxe, Domingo 24 de Novembro de 2024, cumprimos 300 días sen noticias do Concello de Mugardos. Despois máis de nove ( 9 ) meses, ¿non tivo tempo o Concello de Mugardos para dar resposta á nosa solicitude? ¿É esta a relación que quere ter o Concello de Mugardos con Asociación Comunidade O Zulo? ¿É xusto o trato que estamos a recibir, despois de máis de vinte ( 20 ) anos de traballo altruista e desinteresado?
¡A NOSA DIGNIDADE NON SE VENDE POR UN CONVENIO. O ZULO EN LOITA!