Mañá Sábado 28 de xaneiro ás 11:00 horas no Café Atlántico organizamos o primeiro BoF oficial da Comunidade O Zulo.
¿Pero que é iso dun BoF? Un BoF ven a ser a tradución de "Birds of a feather", algo así como "paxaros dunha mesma plumaxe". Son sesións pequenas, que se organizan no momento, no hai un tema especial nin predefinido e non superan os 60 minutos de duración.
¿De que falades nos BoFs eses? Pois falamos básicamente de tecnoloxía: de Drupal, de GNU/Linux, de programación, de tendencias...
¿Canto teño que pagar? Nada. Os BoF son gratuítos, so tes pagar o que consumas na cafetería.
Eu non son tan friki como vos ¿que fago alí? Aprender e intercambiar coñecementos. Nunca está de máis...