O vindeiro 28 de marzo celébrase o "Día da liberdade dos documentos".
O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e o Software Libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en todo o mundo o día 28 de marzo.
O obxectivo é chamar atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos, integrar unha rede global e coordinar actividades para difundir a importancia destes conceptos na era dixital.
O pasado fin de semana co gallo da IV #noitedl en A Coruña, membros de GALPon, Inestable, Ociorum.org e Comunidade O Zulo, acordamos promover unha revolta dixital o 28 de marzo de 2012 baixando o maior número de sitios web en protesta polo uso de software e formatos privativo a apoiando os uso de formatos e estándares abertos, esencias para conservar a liberdade.
Queremos contribuír ao uso dos estándares invitando a toda a comunidade galega de usuarios/as de software libre, institucións e en xeral a toda a cidadanía a pechar os seus sitios web o 28 de marzo.
Baixa o teu sitio o 28 marzo
Cómo pecho o meu sitio web?
Descarga dfd.comunidadeozulo.org/dfd2012.tar.gz e configura a túa páxina para que mostre o contido do arquivo html . Podes ver unha demostración en http://dfd.comunidadeozulo.org
Se non te queres complicar tamén podes redireccionar o teu dominio temporalmente a http://dfd.comunidadeozulo.org
Mudaches o teu sitio web pola SOPA e agora non o pensas facer polo DFD2012?
Pensa!