ESTATUTOS ASOCIACIÓN COMUNIDADE O ZULO

VERSION PDF

TÍTULO I - DA DENOMINACIÓN, CONSTITUCIÓN, ÁMBITO, FINS, DURACIÓN E DOMICILIO

Artigo 1º.-Coa denominación de «COMUNIDADE O ZULO»constitúese unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito autonómico e con plena capacidade de obrar. O seu réxime xurídico estabelécese de acordo co artigo 22 da Constitución Española, a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo reguladora do Dereito de Asociación, así como polos presentes Estatutos e demais disposicións vixentes que afecten por razón de materia. 

Artigo 2º.-Esta Asociación se constitúe por un tempo indefinido e só se disolverá por acordo da Asamblea Xeral Extraordinaria ou por calquera das causas previstas nas leis. 

Artigo 3º.- A Asociación ten como fins: 

  • Colaborar na construción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso das aplicacións informáticas e da información.

  • Divulgar a filosofía e as posibilidades do Software Libre / FLOSS (Free Libre Open Source Software) con especial enfoque nas universidades, centros educativos, administracións públicas, empresas, asociacións e no eido da cultura e sociedade de Galiza.

  • Promocionar o Software Libre, facendo fincapé nas vantaxes que este pode aportar para fomentar a competitividade, innovación e calidade dos produtos, servizos, coñecemento e tecnoloxía producidos polo tecido empresarial e investigador galego.

  • Impulsar a adopción de estándares tecnolóxicos libres tanto no eido público como no eido privado.

  • Explicar e fomentar o uso das licenzas libres para a distribución de contidos, aumentando así a produción cultural libre do noso país.

  • Acadar a independencia e neutralidade tecnolóxica nas relacións dos cidadáns e empresas galegas cos poderes públicos galegos.

  • Traballar para que as Administracións Públicas acorden e cumpran compromisos relativos ao uso interno e á promoción do Software Libre liberando calquera produción propia de aplicativos e ferramentas informáticas.

  • Axudarlle ás Administracións Públicas nos procesos de migración e promoción do Software Libre.

  • Axudarlle á Sociedade Civil galega a coñecer e usar o Software Libre, as súas características, vantaxes, asemade outros aspectos socioculturais da liberdade do coñecemento e liberación da propiedade intelectual, fomentando a produción libre.

  • Colaborar co mundo empresarial e máis co mundo académico para catalizar a relación dos mesmos co Software Libre.

  • A formación do profesorado na Comunidade Autónoma da Galiza, ao abeiro da orde do 26 de abril de 2004, D.O.G. núm. 86 do 5 de maio de 2004 e maila orde do 3 de setembro de 2001, D.O.G, núm. 175 do 10 de setembro de 2001. 

  • Promocionar o idioma e a cultura galega no eido informático.

  • Participar conxuntamente con outras entidades, de sensibilidades afíns, nas labores anteriores.

  • Calquera outro fin lícito que, en relación cos obxectivos fundamentais anteriores, sirva para os intereses dos asociados se así o determina a Asemblea Xeral.

Artigo 4º.- Para levar a cabo os seus fins, a Asociación poderá organizar as seguintes actividades: 

Artigo 5º.- O enderezo principal da Asociación será na Avenida do Mar, 29 2º; 15620 Mugardos(A Coruña). Poderanse empregar outros locais asociativos adicionais noutras cidades mediante o acordo da Asemblea Xeral,que terá as atribucións para cambiar tanto o enderezo como os locais, dando conta do seu acordo ó organismo encargado do Rexistro de Asociacións. 

Para os efectos de comunicación e notificacións sinálase como preferente o enderezo: 

«Comunidade O Zulo»

Avenida do Mar núm. 29 2º

15620 Mugardos (A Coruña)

Artigo 6º.- A Asociación, en función dos seus fins e da ubicación do seu enderezo, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade de Autónoma de Galicia. 

Artigo 7º.- AAsemblea Xeralserá o órgano competente para interpretar os preceptos contidos nestes Estatutos e cubrir as súas lagoas, sempre someténdose á normativa legal vixente en materia de asociacións. 

Os presentes Estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante os acordos que, validamente, adopten a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dentro da súa respectiva competencia. 

Artigo 8º.- A Asociación se rexirá segundo os principios democráticos contidos na Constitución Española e no resto do ordenamento xurídico.

  • Conferencias, foros, encontros, xornadas, etc. relacionadas cos fins da Asociación.

  • Cursos de formación básica e especializada sobre os temas de traballo e interese da Asociación. 

  • Sesións de traballo e obradoiros dirixidos a alcanzar os fins expresados nos estatutos da Asociación.

  • Realización de proxectos de desenvolvemento de aplicacións ou programas baseados na filosofía e paradigmas do Software Libre.

  • Confección de documentación técnica e de usuario sobre Aplicacións Software Libre, os diversos Sistemas Operativos GNU/Linux, migración de sistemas e aplicacións privativas a Software Libre, etc.

  • Promover, realizar e publicar estudos dirixidos a analizar a situación do Software Libre e a alcanzar os obxectivos da Asociación.

  • Colaboración con proxectos e actividades doutros grupos similares a nivel nacional e internacional.

  • Asistencia a conferencias, congresos e acontecementos relacionados co Software Libre.

  • Participación naqueles actos e actividades que contribúan ao cumprimento dos obxectivos da Asociación.

  • Colaboración con empresas, administracións e/ou asociacións para acadar os fins da Asociación.

  • Calquera outra actividade lícita que sirva os fins da Asociación.

TÍTULO II - DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DE REPRESENTACIÓN E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN

Artigo 9º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. 

Artigo 10º.- O Presidente da Asociación asumirá a representación legal da mesma diante de calquera organismo público ou privado e será o encargado de executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e pola Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebren cada unha das anteriores. 

O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre os socios, e o seu mandato durarádous anos.

Artigo 11º.- A Xunta Directiva estará formada polo menos por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro, e un mínimo dun vogal, cargos que deberán recaer en asociados/as.

Todos os cargos da Xunta Directiva serán designados pola Asemblea Xeral entre os socios, e o seu mandato durará dous anos. O método de elección será mediante candidatura máis votada.

Os cargos cesarán na súa función por:

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

Artigo 12º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo de que poidan ser compensados os gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa Asociación. 

O persoal da Secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución. 

Artigo 13º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades sociais e levar a xestión administrativa e económica da asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas anterior. 

Así mesmo procederá a fixa-la data da Asemblea Xeral, fixa-las cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, emitir normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderanlle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea Xeral. 

Artigo 14º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou Secretario por esta orde e, a falta de ambos, polo membro da Xunta Directiva que teña mais idade. 

Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría dos votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de a metade máis undos seus membros. No caso de empate, decidirá o voto do Presidente. 

O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións que se transcribirán ó Libro de Actas. 

Artigo 15º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta Directiva acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou acadar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte das devanditas comisións o número de vogais e asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos presidentes das comisións. 

Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.

Artigo 16º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea Xeral serán tamén o Presidente e Secretario da Xunta Directiva. 

Artigo 17º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva ou o soliciten o 25% dos socios. Neste último caso realizarase por medio dun escrito dirixido ó Presidente autorizado cas firmas dos solicitantes no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde de día. 

Artigo 18º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o día 1 de novembro ata o 31 de decembro. Tanto a Asemblea Xeral Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con quince días de antelación polo presidente da Xunta Directiva. 

A Asemblea Xeral reunirase en sesión Extraordinaria cando o esixan as disposicións vixentes ou así o acorde a Xunta Directiva en atención os asuntos que deban tratarse e, en todo caso, para coñece-las seguintes materias: disposición ou alleamento de bens, nomeamento da Xunta Directiva, solicitude de declaración de utilidade pública, modificación dos Estatutos ou disolución da Asociación. 

Artigo 19º.- A convocatoria da Asemblea Xeral, tanto Ordinaria como Extraordinaria farase por escrito nos locais da Asociación e por medio de correo electrónico e outros medios de comunicación da propia asociación expresando lugar, data e hora da xuntanza, así como a orde do día. Entre a convocatoria e o día sinalado para a Asemblea Xeral en primeira convocatoria haberán de mediar, polo menos, quince días, podendo así mesmo facer constar a hora na que se procederá a reunir a Asemblea Xeral en segunda convocatoria. 

Artigo 20º.- A Asemblea Xeral, tanto Ordinaria como Extraordinaria, quedará validamente constituída cando concorran a ela a metade máis un dos asociados en primeira convocatoria e , en segunda convocatoria, transcorrida media hora, con calquera número de asistentes pero, en todo caso, coa presenza do Presidente ou Vicepresidente e o Secretario ou persoa que o substitúa. 

Artigo 21º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria: 

Artigo 22º.-Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: 

Artigo 23.º- Os acordos adoptados deberán se-lo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados 22.1, 22.5 e 22.7 do Artigo 22º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó Libro de Actas e asinará o Presidente e o Secretario da Asemblea Xeral. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría dos presentes.

Artigo 24º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores abrigarán a tódolos/as asociados/as incluíndo ós/ás non asistentes. 

As sesións abriranse cando o Presidente así o determine. Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada. 

Posteriormente, o Secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose as aprobacións nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate. 

Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día, procederase, se a Presidencia o estima oportuno ou o solicitan o 10% dos asociados inscritos no Libro de Rexistro, a facer unha quenda de rogos e preguntas e adopción de acordos. Concluído o acto, levantarase a sesión por parte do Presidente. 

Artigo 25º.- Os acordos que vaian en contra destes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria. 

Artigo 26º.- O presidente da Asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados , e o seu mandato durarádous anos. Será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Ademais das facultades consignadas no Artigo 10º destes Estatutos, o Presidente terá as seguintes atribucións: 

  • Presidir, convocar e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade en caso de empate. 

  • Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. 

  • Propoñer o Plan de Actividades de Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas. 

  • Ordenar os pagamentos acordados validamente. 

  • Asina-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membros da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento en cuestión. 

  • Modifica-los Estatutos da Asociación. 

  • Elixir os integrantes da Xunta Directiva. 

  • Aproba-la federación con outras asociacións. 

  • Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais. 

  • Acorda-la disolución da Asociación. 

  • Designa-los/as liquidadores/as. 

  • Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva. 

  • Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación. 

  • Aproba-lo Regulamente de Réxime Interno da Asociación. 

  • As que, sendo competencia da Asemblea Xeral Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación. 

  • Tódalas competencias non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva. 

  • Aproba-la acta da reunión anterior. 

  • Aproba-lo plan de actividades. 

  • Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior. 

  • Aproba-los orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio. 

  • Exame e aprobación das cotas. 

  • falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

  • renuncia voluntaria.

  • transcurso do prazo de mandato fixado nos presentes estatutos.

  • acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva, ou de calquera dos seus cargos, adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 28º.-O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o Libro de Rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Asociación. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente. O Secretario tamén levará o inventario dos bens da Asociación nun libro establecido a tal efecto. 

No caso de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función. 

Artigo 28º.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e gastos asociativos e participará en tódalas operacións de orde económico. Elaborará a proposta orzamentaria anual antes do 15 de outubro, para que estea a disposición dos membros da asociación, 15 días antes da Asemblea Xeral Ordinaria. 

Artigo 29º.-Os Vogais no número que determine a Asemblea Xeral, terán as seguintes atribucións: 

  • Realizar programas e propostas na súa área de actuación. 

  • Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva. 

TÍTULO III - DOS SOCIOS, DOS SEUS DEREITOS E DEBERES

Artigo 30º.- Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas, tras o acordo do seu órgano competente, que teñan interese en servir ós fins da mesma, sexan admitidos pola Xunta Directiva e non teñan débedas pendentes ca Asociación

Artigo 31º.- Quen desexe pertencer á Asociación solicitarallo por escrito ou por medios telemáticos ó Presidente, que dará conta á Xunta Directiva que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do socio, sen ningún recurso contra o seu acordo. 

Artigo 32º.-Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de asociados: 

Artigo 33º.- Os asociados/as teñen os seguintes dereitos: 

Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación dela, pero estarán facultados para asistir ás asembleas con voz pero sen voto. 

Artigo 34º.- Son obrigas dos asociados: 

Artigo 35º.- A condición de socio pérdese: 

Artigo 36º.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión debería ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución pódese recurrir ante a xurisdición ordinaria. 

Cando a baixa se produza por vontade do/a asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita, pero isto non lle eximirá de satisfacer as obrigas económicas ou de outro tipo que teña pendentes coa Asociación. 

Artigo 37º.- Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun asociado cando se estea tramitando un expediente sancionador ou concorran causas xustificadas que o aconsellen como o tardanza no pago dalgunha cota ou por comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de Réxime Interno, pero en todo caso a resolución poderase recorrer perante a xustiza ordinaria.

Os escritos mencionados nos artigos 36 e 37 deberán estar debidamente asinados, ben mediante firma física ou ben mediante sinatura electrónica.

Artigo 38º.- Os socios poderán ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxir reiteradamente os presentes Estatutos ou os acordos da Asemblea Xeral ou da Xunta Directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes ata a separación definitiva, nos termos que prevea o Artigo 36º.

  • Por vontade propia. 

  • Por falta de pago das cotas establecidas. 

  • Por incumprimento das súas obrigas ou por realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da Asociación, previo expediente disciplinario con audiencia do interesado. 

  • Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica. 

  • Prestar cantos servizos determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das asembleas. 

  • Desempeña-los cargos para os que fosen elixidos. 

  • Satisfacer as cotas que se establezan. 

  • Observar unha boa conduta individual e cívica. 

  • Cumprir os acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos. 

  • Tomar parte nas Asembleas con voz e voto. 

  • Poder elixir e ser elixidos para cargos directivos. 

  • Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins. 

  • Ter copia destes Estatutos. 

  • Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva. 

  • Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación. 

  • Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva co gallo de mellora- lo cumprimento dos fins da Asociación. 

  • Que se lle poña de manifesto o estado de contas, ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade. 

  • Ser oídos con carácter previo a adopción de medidas disciplinarias contra eles e ser informados dos feitos que dean lugar a ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. 

  • Impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei ou ós Estatutos. 

  • Fundadores. Aqueles que subscribiron a Acta Fundacional. 

  • Numerarios. Aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da Acta Fundacional. 

  • Honorarios. Aquelas persoas que, a xuízo, da Asemblea Xeral axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación. 

TÍTULO IV - DO RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 39º.- A Asociación carece de patrimonio ó constituírse. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural. 

Artigo 40º.- A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual. O borrador do orzamento será elaborado polo Tesoureiro da Asociación e deberá te-lo preparado antes do 15 de Outubrode cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria. 

Artigo 41º.-A Asociación manterase dos seguintes recursos: 

Artigo 42º.- As cotas ordinarias acordaranse pola Asemblea Xeral Ordinaria a proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrables en caso algún e adicándose a atende-las necesidades da Asociación. 

Artigo 43º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados/as durante un prazo non inferior a quince días anterior ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aproba-la ou censura-la. 

Artigo 44º.- Anualmente, no tempo sinalado polo Artigo 18º, será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria. 

Artigo 45º.- Para a disposición das contas nas entidades bancarias onde a Asociación teña depositadas as mesmas, terán recoñecidas as sinaturas nas correspondentes entidades o Presidente e o Tesoureiro, para a utilización conxunta delas. 

Artigo 46º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados/as os recursos obtidos pola Asociación. 

Artigo 47º.- A administración dos fondos da Asociación levarase a cabo sometida á correspondente intervención e a publicidade suficiente, co fin de que os socios poidan ter coñecemento periodicamente do destino dos fondos, sen prexuízo do dereito consignado a este respecto no apartado 9 do Artigo 33º destes Estatutos.

  • As cotas de entrada que sinale a Xunta Directiva. 

  • As cotas periódicas que acorde a mesma. 

  • As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.

  • Os produtos de bens e dereitos que lle corresponden, así como as subvencións, legados, doazóns, que poidan recibir de forma legal.

  • Os ingresos que obteña a Asociación mediante as actividades lícitas que acorde realizar a Xunta Directiva, sempre dentro dos fins estatutarios. 

TÍTULO V - DO REGULAMENTO DO RÉXIME INTERNO

Artigo 48º.- O Regulamento de Réxime Interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso contra o estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

TÍTULO VI - DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 49º.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou dunha cuarta parte dos socios. A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de sete días para que calquera socio/a poida dirixir á Secretaría as propostas e enmendas que estime oportunas. Estas completarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma. 

Artigo 50º.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos ou a disolución serán necesarios o voto favorable dos dous terzos dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto. 

Artigo 51º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto ao Presidente e ao Tesoureiro, procedan a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. 

Artigo 52º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outras Asociacións non lucrativas e inscritas na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación. No seu caso, por acordo da Asemblea, poderán doarse ó Concello de Mugardos para a inversión en actividades relacionadas cos fins da Asociación 

O xustificante das doazóns será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.