Coñece o Software Libre

Cando falamos de Software Libre referímonos á liberdade dos usuarios para executar, copiar, distribuir, estudar e cambiar o software. Dun xeito máis preciso, refírese ás catro liberdades dos usuarios do software:

  • Liberdade para usar o programa con calquera propósito. Liberdade 0.
  • Liberdade para estudar como funciona o programa, e adaptalo ás necesidades. O acceso ao código fonte é unha condición previa para isto. Liberdade 1.
  • Liberdade para distribuír copias, co que podes axudar ao teu veciño. Liberdade 2.
  • Liberdade para mellorar o programa e facer públicas as melloras aos demáis, de xeito que toda a comunidade se beneficie. Liberdade 3.

[ Richard Stallman :"pai" do "software libre" e o proxecto GNU]

Un programa é software libre se os usuarios teñen estas catro liberdades. Asi pois, deberías ter a liberdade de distribuir copias, con modificacións ou sen elas, ben sexa gratis ou cobrando unha cantidade pola distribución, a calquera e en calquer lugar. Ser libre para facer isto (entre outras cousas) significa que non tes que pedir ou pagar permisos.

Tamén deberías ter a liberdade de facer modificación e utilizalas de xeito privado no teu traballo ou tempo de ocio, sin nin sequera ter que anunciar que estas modificacións existen. Se publicas os teus cambios, non tes por qué avisar a ninguén en particular, nin de ningún xeito especial.

A liberdade para usar un programa significa a liberdade para calquera persoa ou organización de usalo en calquera clase de traballo, e sen ter obligación de comunicarllo ao desenvolvedor ou a algunha persoa doutra entidade específica.

O proxecto Debian: un exemplo de liberdade en tódolos sentidosA liberdade de distribuir copias debe incluír tanto as formas binarias ou executables do programa como o seu código fonte, sexan versións modificadas ou sen modificar ( distribuír programas executables é necesario para que os sistemas operativos libres sexan sinxelos de instalar). Está ben se non temos xeito de producir un binario ou executable dun programa concreto(xa que algunhas linguaxes de programación non teñen esa capacidade), pero debes ter a liberdade de distribuir estos formatos se os atopas ou desenvolves o xeito de crealos.

Para que as liberdades de facer modificacións e de publicar versións melloradas teñan sentido, debes ter acceso ao código fonte do programa, e polo tanto, a posibilidade de acceder ao código fonte é unha condición necesaria para o software libre.

Para que estas liberdades sexan reais, deben ser irrevocables mentras que non fagas nada incorrecto; se o desenvolvedor do software ten o poder de revocar a licenza ainda que ti non lle des motivos, o software non é libre.

Son aceptables certos tipos de regras sobre o xeito de distribuír o software libre, mentras non entren en conflicto coas liberdades centrais. Por exemplo, copyleft é a regra que implica que, cando de distribue un programa, non se poden agregar restriccións para denegar a outras persoas as liberdades centrais. Esta regra non entra en conflicto coas liberdades centrais, mais ben as protexe.

'Software libre' non significa 'non comercial'. Un programa libre debe estar dispoible para uso comercial, desenvolvemento e distribución comercial. O desenvolvemento de softwaer libre deixo de ser inusual; o software libre comerical é moi importante.

[ Red Hat, un claro exemplo de software libre con orientación comercial]

Cando falamos de software libre, é mellor evitar termos como 'regalar' ou 'gratis', porque implican que o importante e o prezo, e non a liberdade.

Copyleft

As licenzas do Software Libre, normalmente, incorporan un termo chamado copyleft. O Copyleft significa a inversión do copyright: o uso por parte do autor dos seus dereitos para libera a obra (programa, texto ou o que sexa) baixo os termos da licenza, e a esixencia de que calquera modificación ou traballo derivado da mesma utilice tamén esa licenza.

Deste xeito, o copyleft garante que ninguén poida -- legalmente alomenos -- apropiarse dunha obra liberada, impedíndolle ós demais algunhas ou todas das liberdades que o Software Libre ten. O copyleft tamén garante que as obras derivadas usarán esa mesma licenza, e dese xeito contribúe a que a filosofía da Cultura Libre se estenda.