Desde o ano da súa fundación no 2003 Asociación Comunidade O Zulo toma conciencia e pon en valor nas súas actividades as características que nos definen como pobo: lingua, patrimonio e cultura. Proxectos como A Cultura da Auga, Abeancos ou Obaixoulla son un claro exemplo.
[ Dongil, Permuy, Rosa e Quina na edición de 2022 - Imaxe Álvaro Lamas ]
No mes de Novembro de 2022 celebramos a primeira "Xornada de Patrimonio (in)Visible", centrada na parroquia de San Xiao de Mugardos. Conscientes da importancia do resto de parroquias da vila no eido cultural, presentamos a segunda edición centrada na parroquia de San Xoán de Piñeiro.
Data: Sábado 25 Novembro de 2023
Hora: Desde as 11.00 ata as 14.00 horas
Ubicación: Local da Sociedade Cultural e Recreativa de San Xoán de Piñeiro de Mugardos - [ Ver ubicación ]
Inscrición: ? ENTRADA LIBRE E DE BALDE ?
Obxectivo
Pretendemos ampliar o mapa de patrimonio (in)visible de experiencias, lugares e sentimentos individuais e colectivos do territorio de Mugardos que creamos no ano 2023; desta volta coa xente de San Xoán de Piñeiro.
Queremos fomentar unha participación aberta para dar visibilidade a aqueles espazos, historias e sentimentos que nos unen como comunidade ou que as veces fican esquecidos e invisibles.
Preguntas frecuentes
- Teño que levar un ordenador ou tablet? Non, a actividade é presencial.
- Existe algún límite de idade? Non.
- Podo aportar imaxes? Por suposto! Durante a xornada dispoñemos dun servizo libre e gratuíto para escanear e aportar imaxes.
Vídeo resumo da xornada de 2023 Por César Pena