A "Comunidade" xurde como un proxecto impulsado por Alberto Permuy Leal no ano 2003. Despois da celebración das I Xornadas de SwLibre do Concello de Mugardos en 2004, @probatto e Evaristo deciden organizarse de xeito altruista para manter vivo o espirito de colaboración e difusión do software e da cultura libre.
Dende 2004, e sempre coa axuda, apoio e colaboración do Concello de Mugardos, organizamos eventos técnicos(Xornadas de Software Libre), de difusión (Dia Liberdade do Software) e lúdicos (Ciberencontro Kernel).
[ @apermuy e @jcartelle membros da Comunidade, nunha xornada de Drupal en Vigo en 2011]
No ano 2010 constituimos legalmente a "Asociación Comunidade O Zulo", e dende aquela, pretendemos dar un xiro ás actividades e presenza do "Zulo". Pretendemos combinar as bondades sociais e técnicas do software libre, coa difusión da cultura libre. Interésanos a música libre, as licenzas libres, o software e o hardware libre, en resumo, interésanos a cultura!
¿Que é a cultura libre? Podes comenzar lendo este documento....
Somos un grupo de persoas que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre, un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilid@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía, GNU/Linux e cultura libre.
Non tod@s vivimos en Mugardos, pero estamos en contacto directo a da rede. Desde o ano 2017 e graza a un convenio de colaboración con Concello de Mugardos, dispoñemos dun local no Centro Socio Cultural Casas Baratas de Mugardos.
[ Xornada de patrimonio (in)visible 2022 en Mugardos ]
Xunta directiva:
-
Presidente: Alberto Permuy Leal
-
Vicepresidente: Pablo Robatto Rañales
-
Tesoureira: Carolina Montero García
-
Secretario: Javier Cartelle Cudilleiro
-
Vogal: Manuel Permuy Toimil