Linux

Linux, é un sistema operativo compatible con Unix.

Dúas características diferencian Linux do resto dos sistema que podemos atopar no mercado: a primeira, que é libre, significa que non temos que pagar ningún tipo de licenza a ningunha empresa desenvolvedora de software polo seu uso, e a segunda é que o sistema ven "acompañado" polo seu código fonte.

O sistema está formado polo núcleo do sistema (kernel) e un amplo número de programas e liberías que fan posible o seu uso. Linux distribúese baixo Licenza Pública Xeral GNU(GPL), polo tanto, o código fonte ten e debe estar sempre dispoñible e accesible.

Linux deseñouse e programouse por multitude de programadores ao redor do mundo. O núcleo do sistema segue en continuo desenvolvemento baixo a coordinación do seu creador, Linus Torvalds.

A orixe de Linux estivo inspirado en Minix, un pequeno sistema Unix programado por Andy Tanenbaum. As primeiras discusións sobre Linux foron no grupo de nvoas com.os.minix, nas que se falaba sobre todo do desenvolvemento dun pequeno sistema Unix para usuarios de Minix que querían máis.

Linus nunca anunciou a versión 0.0.1 de Linux(Agosto '91), esta versión nin sequera era executable, xa que so incluía os principios do núcleo do sistema e estaba escrita en linguaxe ensamblador e asumíoa que un(persoa) tiña que ter acceso a un sistema Minix para a súa compilación.

Linus Torvalds

[ Linus Torvalds, pai de Linux ]

O 5 de outubro de 1991, Linus anunciou a primeira versión "oficial" de Linux(0.0.2). Con esta versión Linus xa podía executar Bash(GNU Bourne Again Shell) e o gcc(o compilador GNU de C) pero non moito máis. Neste estado de desenvolvemento nin se pensaba nos térmos de soporte, documentación, distribución....

Despois da versión 0.0.3, Linus saltou na numeración ta a 0.10. Máis e máis programadores de toda a rede Internet comezaron a traballar no proxecto e despois de varias revisións, Linus incrementou o número de versión ata a 0.95 en Marzo de 1992. Máis dun ano despois(decembro do '93) o núcleo do sistema estaba xa na versión 0.99. O 14 de marzo de 1994 liberouse a versión 1.0...

O resto é historia....