[ Imaxe de Lucía Santiago ]
SÁBADO 26 DE NOVEMBRO DE 2022
Quenda de mañá - Mercado de San Telmo
De 11.00 a 14.00 horas
Achégate e participa nun evento de "mapeo" colectivo e participativo, no que pretendemos "pintar" nun mapa aquelas zonas que son especiais para vos, aquela árbore na que recollías as mazas, aquel regato no que lavaban a roupa...queremos mapear sentimentos!
Cando remate o evento, sobre as 14.00 horas, publicaremos nun mapa interactivo libre as vosas aportacións que quedaran publicadas na rede.
Xente de Meá, amigas de Franza, compañeiros do Seixo e veciñas de San Xulián: contamos coa vosa presenza nesta xornada!
[ Detalle do mapa que publicaremos despois do evento ]
A PARTIRES DAS 13.00 HORAS SESIÓN VERMÚ E PETISCOS!
NON É NECESARIA INSCRICIÓN - ENTRADA DE BALDE
Quenda de tarde - Museo Caldoval
17:00 - Visita guiada ó museo
17:45 - Relatorio "O noso patrimonio" - Miguel Rodríguez Vázquez
18:30 - Mesa redonda "Experiencia de catalogación libre do patrimonio"
- Lucía Santiago Sanmiguel - obaixoulla.gal
- Rafael Gaioso - abeancos.gal
- Juan Fernández e Alberto Permuy - aculturadaauga.org
XORNADA DE SOFTWARE LIBRE E CULTURA LIBRE 2022
Data e ubicación
Sábado 29 de Outubro de 2022 - Mugardos
Quenda de mañá - OBRADOIRO DE INICIACIÓN A LINUX
Lugar: Casino Mugardés - [ Ver ubicación ]
Hora: De 11.00 a 14.00 horas
O obxectivo deste obradoiro e achegar os coñecementos básicos de Linux a tódalas persoas que desexen instalar ou profundizar coñecementos neste sistema operativo.
- Relatorio de introducción a Linux e Software Libre - 30 minutos.
- Historia
- Que é unha distribución Linux
- Instalación dunha distribución - 45 minutos
- Obter e instalar Linux
- Configuración e personalización
- Trucos espectaculares.
- Configuración - 60 a 90 minutos
- Ofimática
- Multimedia
- Desenvolvemento
Temos equipos a disposición dos asistentes para instalar, configurar pero sobre todo aprender e compartir coñecementos. Se o desexas podes traer o teu portátil.
A entrada ó evento é libre e de balde, e está recomendada para nenos e nenas maiores de 12 anos.
Quenda de tarde - RELATORIOS XORNADA SOFTWARE E CULTURA LIBRE
Lugar: Salón de plenos - Concello de Mugardos
Hora: De 16.30 en adiante. Entrada de balde.
16.30 - Presentación da xornada
16.45 - Gravación de música con Demucs e Ardour - Alfredo Suárez
17.10 - Crea a túa propia música programando - Miguel Muiños
17.40 - Pausa para café
18.00 - Datos, datos e máis datos - Christian López
18.30 - Software libre en tempos de pandemia - Victoria Suárez Ulloa - David Carracedo Martínez
19.00 - Sureste libre no sector da construcción- Evelio Sánchez
19.30 - Pausa para café
19.45 - Desenvolvendo webs con software libre - Pablo Arias
20.15 - SELinux - Rafael Gaioso
20.30 - Clausura
Temática
A temáticas das xornada é moi variada. En liñas xerais impartiranse relatorios que definición de software libre de FSF ou á definición de OSI de Open Source, ademáis de presentación de proxectos e colectivos vencellados á cultura libre e en Galego. A nosa proposta acerca de temática para a edición deste ano é:
- Hardware e cacharreo.
- Linux e distribucións.
- Multimedia , vídeo, podcast ou radio.
- Patrimonio cultural.
- Presentación de proxecto, asociación, colectivo ou evento.
- Seguridade, redes ou hacking.
- Tradución e localización.
- Web / tecnoloxías web.
- Xeolocalización / mapas.
- Software libre . Difusión e /ou casos de uso.
Pretendemos manter as xornadas e actividades da asociación como un foro neutro en relación a intereses comerciais. Como normal xeral, non aceptaremos propostas que promocionen especificamente unha oferta ou relación comercial.
Formatos
Microrelatorio: Entre 10 e 15 minutos para comentar de xeito áxil calquera tema dentro da temática das xornadas.
Relatorio: 30 minutos para explicar, comentar, amosar ou presentar a o teu proxecto, tecnoloxía ou calquera tema de interese no mundo do software e cultura libre.
ESTA XORNADA FORMA PARTE DAS ACTIVIDADES QUE ASOCIACIÓN COMUNIDADE O ZULO REALIZA NO MARCO DO CONVENIO ASINADO CO CONCELLO DE MUGARDOS PARA O ANO 2022
Nota: Tomamos prestada algunha idea da web de https://eslib.re/2022 , non todas.