Que é o software libre

Pequena introdución

Cando falamos de Software Libre referímonos á liberdade dos usuarios para executar, copiar, distribuir, estudar e cambiar o software. Dun xeito máis preciso, refírese ás catro liberdades dos usuarios do software:

  • Liberdade para usar o programa con calquera propósito. Liberdade 0.
  • Liberdade para estudar como funciona o programa, e adaptalo ás necesidades. O acceso ao código fonte é unha condición previa para isto. Liberdade 1.
  • Liberdade para distribuír copias, co que podes axudar ao teu veciño. Liberdade 2.
  • Liberdade para mellorar o programa e facer públicas as melloras aos demáis, de xeito que toda a comunidade se beneficie. Liberdade 3.

[ Ler máis ]

GNU/Linux

 

GNU/Linux, máis coñecido como Linux, é un sistema operativo compatible con Unix.

Dúas características diferencian Linux do resto dos sistema que podemos atopar no mercado: a primeira, que é libre, significa que non temos que pagar ningún tipo de licenza a ningunha empresa desenvolvedora de software polo seu uso, e a segunda é que o sistema ven "acompañado" polo seu código fonte.

[ Ler máis ]

Participando na comunidade

 

Un dos maiores atrancos á hora de iniciarse no mundo do software libre é coñecer xente. Un dos pilares da comunidade do software libre son os GUL. GUL e acrónimo de Grupo de Usuarios de Linux, organizados como asociacións locais ou provinciais, tentan difundir o uso do sistema operativo Linux e o software libre e servir de apoio aos usuarios non experimentados.

[ Ler máis ]

Traballando con software libre

Non é necesario, aínda que si é recomendable, usar Linux para traballar con software libre. Mudar o teu navegador privativo por un navegador libre como Firefox é un bo comezo. Thunderbird é xestor de correo de calidade e libre, muda Outlook ou Mail por Thunderbird, achégate ao software libre.

[ Ler máis ]