Xornada Software e Cultura Libre - Mugardos 2017

 

[ Imaxe orixinal de http://www.mundubat.org/ ]

A "Xornada de Software e Cultura Libre" é un evento libre e gratuito organizado conxuntamente polo Concello de Mugardos e Asociación Comunidade O Zulo grazas ao convenio de colaboración asinado o pasado mes de Xullo, que se celebrará en Mugardos o 28 de Outubro de 2017

O obxectivo da xornada e achegar a tecnoloxía a tódalas franxas de idades, dende os máis pequenos ata maiores. Drons, fotografía, electrónica e  tecnoloxías abertas estarán presentes durante toda xornada en Mugardos.

 

PRAZAS ESGOTADAS PARA OBRADOIRO

DE PAPITRÓNICA

Programa

Xornada de mañá

09:30 a 12:30 : Obradoiro "Iniciación a fotografía dixital" + "Roteiro fotográfico por Mugardos" + Relatorio "Publicación de contidos con licenzas abertas".

Relatores: Márcos Vázquez e Jorge Lama

12:30 a 14:00: Obradoiro "Iniciación á pilotaxe de drons" .

Relator: Jorge Lama

Xornada de tarde

16:00 a 18:00: "Obradoiro de retroelectrónica" + "Presentación proxecto Chocoware: máquina recreativa libre Mugardesa"

Relatores: Christian López e Asociación Comunidade O Zulo

16:30 a 18:30: "Obradoiro de Papitrónica:  Papiroflexia e electrónica para cativos"

Relatores: VermisLab

PRAZAS ESGOTADAS PARA ESTE OBRADOIRO

17:45 a 18:30 : Relatorio "Os perigos de Internet".

Relator: Mario Barcala

Canto custa a inscrición?

A inscrición e libre e de balde, dispoñible a partires do 13 de Outubro nesta mesma páxina.

Teño dúbidas, con quen contacto?

Podes enviar un email a asociacion (@) comunidadeozulo.org, é o xeito más rápido de contactar.

Cando e donde se celebra?

O evento celebrarase o sábado 28 de Outubro de 2016 de 09:30 a 19:15 en Mugardos nos seguintes espazos :

  • Oficina Municipal de Información Xuvenil 
  • Salón de Plenos do Concello de Mugardos.

[ VER MAPA ]