Entrevista con Jorge Lama - Obradorio Podcasts e ficcións sonoras

E logo ti, de quen ves sendo?

Levo varios anos impartindo cursos de novas tecnoloxías e traballando con temas relacionados coa informática, cultura libre e o software libre.
 
Son membro da Asociación Melisa (Usuarios de software libre de Melide) onde colaboramos con outras entidades en proxectos para difundir e expandir a cultura libre.
Gústame todo o relacionado co mundo audiovisual (fotografía, audio e vídeo).
No último ano engancheime ó mundo do podcasting e das ficcións sonoras.
 
Cóntanos cousas do obradoiro que vas impartir en Mugardos?
No obradoiro veremos tanto o que necesitas saber para empezar no mundo do podcasting e ficcións sonoras, como técnicas máis avanzadas para xente que xa ten certo nivel. Intentarei mezclar teoría e práctica para que sexa unha tarde amena, onde pasalo ben.
Este obradoiro está dirixido a xente a partir dos 16 anos, interesada na radio, na comunicación, no teatro, na gravación e edición de audio e toda aquela que quera coñecer novas formas de contidos e como producilos.
Os participantes poden traer o seu portátil ó obradoiro e sen traen instalado o editor de audio Audacity, mellor. Tamén é recomendable traer cascos para non molestar ó resto dos compañeiros cando editemos audio. Pero tamén poden vir sen ningún trebello tecnolóxico. 
 
Algunha lectura, sitio web ou recomendación para a xente que está inscrita no obradoiro?
 
Como recomendación poden buscar algún podcast en internet que lles guste, se nunca escoitaron ningún.
iVoox é un bo lugar onde empezar a buscar podcasts:
https://www.ivoox.com
 
E tamén sería interesante que escoitaran algunha ficción sonora, como por exemplo "El gran apagón" de Podium Podcast :
http://www.podiumpodcast.com/el-gran-apagon/temporada-1/la-tormenta/
 
Cómo ves o futuro no campo do podcasting e as ficcións sonoras?
 
O mundo do podcasting e ficcións sonoras é un campo que está medrando en España. Aínda non é moi coñecido, pero este ano este empezando a chegar a moita xente, en parte pola aparición de Podium Podcast (do grupo Prisa) e por outra parte porque cada vez aparecen máis podcasts de calidade.
[ Jorge Lama - Relator do obradoiro "Podcast e ficcións sonoras" ]
Cóntanos cousas dos teus proxectos actuais e futuros?
 
Actualmente colabora no proxecto de abeancos :
http://www.abeancos.gal/ 
e vou empezar a producir podcasts e ficcións sonoras a partir deste mes.
 
Coñeces Mugardos? E o traballo de Asociación Comunidade O Zulo?
 
Si, coñezo Mugardos e a Asociación Comunidade O Zulo porque asistín nos últimos anos ós Ciberencontros do Kernel que organizaron.
 
Podes seguir a actividade de Jorge Lama en :