O vindeiro venres 19 de Xaneiro de 2024 ás 19.30 horas, Asociación Comunidade O Zulo participará no faladorio "O patrimonio (in)visible de Cervás - Na procura do noso pasado".
Este relatorio forma parte do actos organizados polo CIRS de Cervás co gallo do seu centenario. A asociación presentará o traballo realizado dentro do proxecto "Patrimonio (in)visible" así como a data de celebración e detalles da xornada de "mapeo colectivo" que celebraremos no mes de Marzo en Cervás.