Actividade: Sábados libres na Altamar

Os nosos amigos e amigas de Galpon están a organizar unha serie de actividades dentro do proxecto "Sábados libres na altamar".

Se estás interesado/a en Arduino, Raspberry Pi ou en mellorar os teus coñecementos con editor máis molón da terra media, xa sabes! Acude aos "Sábados libre na Altamar"

 

Lugar:

Residencia Altamar
Ver mapa en Google Maps

Maio, sábado 25

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
  • Arduino 1 - Programación de Arduino
Detalle da programación:
  1. Charla/presentación da plataforma de hardware libre Arduino.
  2. Iniciación ao entorno de programación «procesing».
  3. Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.
    • Escritura nunha saída dixital (acender un led)
    • Lectura nunha entrada dixital (probas cun pulsador)
    • Lectura de valores analóxicos (sensor de temperatura lm133)
    • Escritura PWM nunha saída dixital (facer soar un zumbador)
  4. Tutorial das diferentes «shields» que existen para Arduino.
  5. Exemplos de proxectos que se apoyan nesta plataforma.
    • Proxecto RepRap
    • PrintBot
    • QuadCopters.
    • Openpipi
    • Micro satelites.
    • Opendomo / CanBus
    • Lottie Lemon
  6. Integración con outras plataformas
    • Android
    • Raspberry

O obradoiro estará dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.

Xuño, sábado 29

horario: de 10:30 a 13:30
  • Creación dun NAS con OpenMediaVault sobre Raspberry Pi
Base de traballo do minino-nas-4rpi
horario: de 16:30 a 19:00
  • Creación dun «Centro multimedia» con OpenElec sobre Raspberry Pi

Setembro, sábado 28

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
  • Bash + Vi - Iniciación á programación de bash scripting
Variábeis, «case» e «if», bucles «for» e «while», funcións, ...

Outubro, sábado 26

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
  • Arduino Connect
Obradoiro práctico para a conexión da plataforma Arduino a diferentes tipos de rede: Bus-Can, Bluetooth, Ethernet, Wifi, ...

Novembro, sábado 30

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
  • Uso avanzado de Vi

[ Fonte : http://www.galpon.org/wiki/index.php/Actividades#S.C3.A1bados_libres_na_Altamar ]

[ Fonte : https://www.galpon.org/content/1a-xornada-dos-sabados-libres-na-altamar ]