É un pracer comunicar a celebración da próxima asamblea da "Asociación Comunidade O Zulo" o vindeiro martes 24 de decembro de 2013 ás 17:30, en primeira convocatoria, e as 18:00 en segunda convocatoria na "Tapería Plaza" en Mugardos.
A orde do día será a seguinte:
- Eventos e actuacións da Comunidade en 2013
- Subvención Concello de Mugardos 2013
- Aprobación de contas 2013
- Rogos e preguntas.
Contamos coa tua presenza e aproveitamos a ocasión para desexarte un bo inicio de 2014!
Saúde e cultura!