Autenticación facial en Linux

Pluggable Authentication Modules (PAM) é un mecanismo de autenticación flexible que permite abstraer as aplicacións e outro software no proceso de identificación do usuario.

Cando unha aplicación se prepara para usar PAM, esta encárgase da autenticación e pode usar diversos métodos sen modificar a aplicacicón. Ademáis permite outras opcións como permite o acceso durante un horario establecido.

Paseando polos proxectos de software libre aloxado en http://code.google.com/ atopamos un proxecto moi interesante: pam-face-authentication , un módulo para autenticarse "pola cara" nun sistema GNU/Linux. A verdade e que quedamos impresionados co proxecto, e sobre todo co vídeo de demostración: