Como ven sendo habitual dende as primeiras edicións do Kernel, este ano tamén organizamos campionato de Call Of Duty 2.
¿Por qué COD2?
Gústanos, pero a principal razón e que é un xogo divertido, pide poucos requisitos de hardware e funciona moi ben con Wine en GNU/Linux.
¿Cales son os requisitos de hardware?
Mínimos:
Sistema operativo: Windows 2000/XP/MacOSX ou GNU/Linux con Wine
Procesador: Pentium 1.4GHz o AMD Athlon XP 1700 o superior
Memoria: 256 MB RAM
DirectX: v9.0c
Tarxeta gráfica: 64 MB VRAM
Recomendados:
Sistema operativo: Windows 2000/XP/MacOSX ou GNU/Linux con Wine
Procesador: Pentium 2.0GHz o AMD Athlon XP 2200+ o superior
Memoria: 512 MB RAM
DirectX: v9.0c
Tarxeta gráfica: 128 MB VRAM
¿Cales son as normas do torneo?
- Partidas a Deathmatch individual.
- O mapa o tempo elexiranse a través de http://cod2.comunidadeozulo.org
- Número de mortes infinita, o que teña máis mortes ó final gaña a partida.
- Pasan a metade dos participantes en cada rolda. Se o número no é enteiro sumarase 1 ó número total, é dicir, se xogan 7 coma a division entre 2 é 3.5, sería 8/2=4, pasan os catro primeiros.
- O número de roldas será en función dos inscritos.
- Non se poden usar "cheats" ou trucos para obter ventaxa.
- Non se pode mirar ós monitores dos compañeiros: iso é trampa!
¡¡ Viciando no Kernel ó COD2 dende 2005 !!