Grazas a Alex Batista [ DCTeam e Freaks Party] nesta edición do Kernel 2010 organizaremos un campionato do xogo League of Legends.
League of legends é un xogo que naceu a partires do DOTA, ti controlas un campión e loitas nos campos da xustiza pola tua causa.
O xogo é totalmente gratuito e poderalo obter do seguinte enlace: http://cdn.pandonetworks.com/pando/LeagueofLegendsEUDownloader.exe
Desde este outro enlace, podese ver unha guia para os usuarios mas novos no xogo: http://eu.leagueoflegends.com/es/centro-de-ensenanza/guia-de-nuevo-usuario
As normas do torneo son as seguintes:
- A modalidade de xogo será 3 contra 3, decidiuse asi para que fora mais facil encontrar un equipo.
- O mapa elixido é: "El bosque retorcido".
- Cada equipo comezara baneando a dous campións cada un por turnos, e logo comezara elixindo, non se podera escoller un campion baneado ou que xa este elixido.
- Xogarase ó mellor de 3 partidas, gañando dous gañase o encontro. Os bans repetiranse o principio de cada partida.
- Cada equipo de 3 deberá ter un capitán que o xestione á hora de banear campións e tratar coa organización do torneo.
- Dependendo do numero de participantes farase Play-Off ou liguilla.
- Todo hack o abuso dun bug o exploid, será sancionado coa descalificación inmediata do equipo.
- O nivel de invocador de cada un, dependerá da súa conta do xogo.
- Poden usarse calquera maestría, habilidades de invocador e combinación de runas que che proporcione o teu actual nivel de invocador.
- O principio do torneo apuntarase o nick de cada xogador xunto o da súa conta, non se poden prestar.
Exemplo de elección e baneo de campións:
Equipo A. Capitan A, Xogadores: B, C.
Equipo 1. Capitan 1, Xogadores: 2, 3.
Por sorteo comenza elixindo A, e baneará un campión, unha vez o faga, o capitán 1 debera banear a dous, e finalmente A outra vez a un campión mais. Quedando asi 4 campións inutilizables.
[ Captura do League of Legends ]
Agora comezará a seleccion de personaxes. Como comezou baneando A, tamén empeza elixindo, escollerá un campión, acto seguido 1 debe escoller dous campións, logo A de volta escolle o dous campeóns para o seu equipo, e 1 escolle o derradeiro, quedando asi elixidos para o combate e listos para comezar.
Calquera duda a maiores dirixanse á organización do torneo.