Campionato Super Mario World Kernel 2010

A Super Nintendo Entertainmen System , máis coñecida como SuperNES foi a segunda videoconsola de sobremesa de Nintendo e a sucesora da NES. Mantivo unha gran rivalidade coa Sega Mega Drive durante a era dourada dos 16 bits a comenzos de 1990.

Lanzouse en Europa o 11 de Abril de 1992 e chegáronse a vender en todo o mundo máis de 49 millóns de unidades.

Despois do éxito mundial da NES, Nintendo decide lanzar unha sucesora, debido ó risco que era deixar a NES competindo coas consolas rivais máis poderosa como por exemplo a TurboGrafx Nec.

 


 

[ Versión europea e xaponesa da SuperNES ]


En Xapón lanzouse como Super Famicon en 1990 e un ano máis tarde veu a luz no mercado americano.A pesares de ter un bo catálogo de xogos, a popularidade que alcanzou a consola de Sega, sobre todo a súa mascota Sonic, relegou nun principio á SuperNintendo a quedarse só cunha parte do mercado.

[ Shigeru Miyamoto, o pai de Mario ]
Pero Nintendo continou desenvolvendo e grazas a un excelente traballo xunto a outras compañías como Squaresoft, Nintendo comezou a gañar terreo a Sega.

No Kernel 2010 queremos rendir unha pequena homenaxe a esta xenial videoconsola organizando un pequeno campionato contrarreloxo no Super Mario World. A idea é moi sinxela, entre todos os asistentes que se inscriban ó campionato gañará o que máis rápido remate a primeira fase do mundo 1 do Super Mario World. En caso de empate contarían o número de moedas recollidas ó longo da fase.  ¿Podes espera ata Setembro?