O pasado Martes 14 de Decembro de 2021 presentamos no rexistro do Concello de Mugardos copia do comunicado publicado o día 6, solicitando xuntanza para aclarar a actual situación de bloqueo da sinatura dos convenios dos anos 2020 e 2021.
Onte, Mércores día 15 de Decembro, recibimos resposta vía sede electrónica por parte do Concello de Mugardos na que nos comunican a "total disposición" pola súa parte para realizar a xuntanza; que tras confirmación por ambas parte no día de hoxe, celebrarase no Concello de Mugardos o vindeiro 21 de Decembro de 2021 ás 10.00 horas.
Ademáis da comunicación da súa disponibilidade, o Concello de Mugardos responde ó comunicado con argumentos nos que indican a disconformidade co exposto por parte de Asociación Comunidade O Zulo, cos que obviamente estamos en total desacordo.