Consellos utiles para o Kernel 2013

 

Un ano máis a Asociación Comunidade O Zulo coa colaboración do Concello de Mugardos organizan o X Ciberencontro Kernel 2013.

Nestes días estamos a recibir moitas consultas a través do email e das redes sociais de xente que nun ca pasou polo Kernel. Tentaremos nesta liñas, a modo de consello, resumilas.

 

 

 

Como chegar

Que levar ao Kernel

  • A inscrición permite usar 1 toma eléctrica e 1 toma de rede, polo tanto será necesario que leves unha regleta eléctrica.
  • Cargador de móbil.
  • DNI, imprescindible para entrar no recinto.
  • Revisa ben o cableado do teu PC ou portátil antes de sair da casa, a organización NON ten nin presta hardware aos participantes. Recomendamos que fagas unha lista de todo o material que  vas traer ao Kernel 2013.
  • Utiles de aseo persoal.
  • Roupa de abrigo e colchoneta se pensas quedar a durmir no recinto.
  • Software e drivers do teu computador, nunca se sabe o que pode suceder. Se queres instalar un sistema operativo libre, consulta coa organización!!!

Aseo e pernocta

  • No Kernel 2013 podes descansar ou durmir nunha zona habilitada dentro do recinto, con colchonetas ríxidas.
  • No "Pavillón do Cristo" a 1Km aprox. da Casa da Cultura, poderás ducharte/asearte o sábado e o domingo de 10:00 a 12:00 aprox.
  • Recomendamos que leves unha colchoneta ou colchón para descansar o mellor posible.

Que inclúe a entrada?

  • Entrada ao evento e participación en tódalas actividades do Kernel 2013.
  • Camisola do evento.
  • Consumo de café, bollería y bebida.
  • Uso do microondas para quentar ou cociñar.
  • Asistencia á laconada do sábado 21 de setembro, o que chamamos "PorkoByte" .
  • 1 consumición mínina no " III Rock No Trope".
  • Dereito a axudar á organización de tódolos eventos do Kernel.
  • Dereito a pasalo bomba!

Seguiremos informando!