Paseando por Debian.org lemos que o proxecto Debian , unha das distribucións Linux mais coñecidas, ven de liberar unha actualización para a versión 5.0 "Lenny". Esta actualización corrixe sobre todo erros de seguridade e "problemas de axuste" serios.
Entre os paquetes actualizados destacan apache2, php5, samba, wordpress e openssl.
A noticia é do 26 de Xuño, pero dende a Comunidade decidimos esperar uns días ata que as imaxes de CD/DVD estivesen dispoñibles nos mirrors para a descargar.
Cada nova versión dun sistema operativo GNU/Linux é unha boa noticia para toda a comunidade de usuarios de software libre, xa que significa que os proxectos seguen adiante, co apoio de programadores, deseñadores, administradores, coordinadores, e por suposto os usuarios finais. ¡Noraboa ó proxecto Debian por esta nova versión!