Entrega equipo portátil - Club Baloncesto Brión

O Club Baloncesto Brión é un equipo de baloncesto con sede na localidade de Brión fundado o 1 de maio do ano 2019. En palabras dun dos fundadores, Chechu Yáñez:

'Somos un club moi novo pero cun medre moi veloz. Esta tempada estamos a competir con 200 deportistas e 11 adestradores. O noso obxectivo é que o maior número de nenas e nenos fagan deporte polo que supón para a súa saúde e o seu desenrolo pero sempre dende un punto de vista competitivo, entendendo a competición como un modo de mellorar cada día e superarse e non como gañar por riba de calquer razón."

Club Baloncesto Brión

O venres 19 de novembro de 2022, Alberto Permuy, presidente da asociación entregou un equipo portátil ó Club Baloncesto Brión representado por Leticia Rodríguez. No acto de sinatura, ámbalas dúas sociedades amosaron o interese por futuras colaboracións. 

Club Baloncesto Brión Asociación Comunidade O Zulo

[ Acto de sinatura de recepción do equipo ]

O equipo corre con sistema operativo Lubuntu Linux 22.04 en Galego, e aplicativos como LibreOffice, Thunderbird ou Firefox para tarefas ofimáticas e multimedia.

Dende aquí queremos convidar a tódalas asociacións ou colectivos que así o precisen, a contactar coa asociación vía email en comunidadeozulo @ gmail .com para participar neste proxecto de entrega de equipos correndo Software Libre.

Asociación Comunidade O Zulo é una asociación sen arela de lucro que traballa desde hai 19 anos para promover o software e cultura libre desde Mugardos

Lubuntu

[ Imaxe do portátil Acer Aspire ]