Coméntanos dende GALPon:
"Este vai ser un curso eminentemente práctico no que se desenvolveran todas as materias precisas para a construción e posterior configuración e administración dun sitio/servidor web.
- Configuración avanzada de redes en GNU/Linux.
- Utilización avanzada de Open SSH.
- Virtualización con VirtualBox.
- Asterisk e VoIP.
- Sistemas de copias de seguranza.
- Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal
As aulas terán lugar os dias 2 ao 8 de novembro de 16:00 a 20:00 horas na Aula T214, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Campus de Marcosende, Vigo
Dirixido especialmente a:
- Estudantes ou Licenciados/as en Enxeñería e Enxeñería Técnica Informática
- Implantadore/as, administradore/as e deseñadoreas de páxinas web.
- Desenvolvedore/as e implantadore/as de software.
Este curso está exento de taxas ou cotas de inscrición.
Máis información no wiki de GALPon
O Rexistro pode realizarse na páxina web de GALPon habilitada a este efecto na ligazon: http://xiki.to/OHO
"