A través do blog de Andrés Díaz enterámonos da existencia desta pequena maravilla da tecnoloxía: Guru Plug.
Guru Plug é un mini servidor que corre con sistema operativo Linux. Entre as caracterísiticas máis destacadas citamos:
.- Kernel 2.6.32
.- Procesador 1,2Ghz
.- 512 Mb RAM DD2 800Mhz
.-Wireless
.- 1 Ethernet
Teñen dúas versións: a Standard e a Server Plus, e dende 100€ podes ter o teu micro server. A verdade que a versión Plus con dúas interfaces de rede é ideal para montar un pequeno-gran firewall con iptables, ou un servidor Web con Nginx ou outro software lixeiro para servir www.