É un pracer publicar a celebración do evento "III Noite Drupal & GNU/Linux" que se desenvolverá en Ordes o 9 de decembro de 2011. Dende a asociación queremos agradecer a Inestable, GALPon e Ociorum o seu interese en continuar organizando estas "noites".
Resumo da actividade
Obxectivos
- Crear un espazo dinámico de referencia de innovación, dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
- Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
- Crear un colectivo ou "comunidade" intinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.
Formato do evento
Partindo dun formato aberto e dun caso práctico moi sinxelo, tentaremos entre todos darlle forma nas sete horas que durará o evento. Divideremos a noite en varias partes. Cada parte terá unha sesión introdutoria a modo de charla informal breve sobre un tema en concreto, dende a presentación das tecnoloxías a empregar ata os "hacks" e configuracións que aporten os asistentes.
[ Unha foto da Comunidade Drupaleira na II #noitedl en Vigo ]
Quero asistir! Quero aprender! Quero compartir! Quero ensinar!
Estamos convencid@s de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para a o desenvolmento dunha sociedade libre e xusta. Asiste ó evento! Queremos ensinar! Queremos compartir! Queremos aprender!
Cea
Estamos a argallar unha cea previa ao evento, nun sitio económico e familiar antes do evento. Publicaremos neste espazo os nicks dos asistentes así coma o lugar e hora da cea uns días antes da III Noite Drupal & GNU/Linux.
Difusión
Unha vez se confirme o evento tódalas novas relacionadas publicaranse no twitter da Asociación (http://twitter.com/ozulo) e ocasionalmente no noso espazo en Facebook.
Usaremos o hashtag en twitter e identi.ca #noitedl