Konqueror é un dos xestores de arquivos máis avanzado para o escritorio libre KDE. Grazas ás tecnloxías utilizadas no desenvolvemento de KDE podes acceder de xeito transparente aos arquivos do teu PC ou servidores remotos vía FTP ou SFTP, xestionar arquivos zip, explorar cartafoles compartidos con sistemas Windows ou gravar CDS e DVD.
Pero non esquezamos que Konqueror é un navegado web, empurrado polo motor KHTML(e opcionalmente por WebKit), e soporta os últimos estándares web como por exemplo HTML5, Javascript ou CSS3.
Usando as tecnoloxías de KDE, usando Konqueror é posible visualizar arquivos PDF, editar textos, descargar arquivos dun servidor FTP, e todo sen usar aplicacións secundarias.
[ Imaxe de Konqueror 4.6 ]
Tamén podes usar os "plugins" de Konqueror para engadir novas funcionalidades, como por exemplo traducir sitios web de xeito automático, mudar o "axente de usuario" do navegador, escalar imaxes e un sen fin de posibilidades.
Queres usar Konqueror?
O máis sinxelo é instalar o paquete na túa distribución GNU/Linux favorita, pero tamén podes instalalo en sistemas operativos Microsoft Windows ou MacOSX. Tes as instrucións nesta ligazón da web do proxecto Konqueror.
Queres usar KDE e Konqueror?
Últimamente, tras o fiasco de Unity en Ubuntu, son moitos os membros da Comunidade e usuarios de GNU/Linux en xeral que optan por usar KDE ou mesmo por mudar de distribución.
Se tes tempo e gañas de probar unha distribución de calidade, con paquetes actualizados,un escritorio coidado e libre: proba Fedora 16.