A pasada semana, o xoves 18 e venres 19 de outubro , celebrouse en Santiago de Compostela a "Libre Software World Conference", é como non podía ser de outro xeito, a Asociación Comunidade O Zulo estivo presente.
A LSWC'12 foi o maior evento realizado en España sobre o software libre, con enfoque empresarial e profesional. Coñecimos de primeira man as principais novidades técnicas, novos produtos e proyectos.
Por movitos de axenda, non asistimos a tódalas conferencias, pero si o fixemos ás máis interesantes.
[ Bruce Perens na LSWC'12 ]
Descatamos o relatorio inaugural do evento, a cargo de Bruce Perens. Comprobamos de primeira man as impresións e experiencia desta "institución" dentro do mundo do Software Libre. Sen dúbida unha charla maxistral!
O venres día 19, asistimos á charla sobre o presente e futuro do proxecto KDE. Unha mágoa que ao final, por problemas de tempo, quedasen cousas pendentes; o que si nos quedou moi claro é que o proxecto KDE está vivo e ten moito que dicir nos entornos de escritorio libres.
OpenBravo, OpenERP, Joomla, Moodle,Android, Apache, o Kernel de Linux....centos de centos temas e foros de debate e "networking" inundaron Compostela. Noraboa á organización do evento e aos voluntarios/as.