Xa podemos disfrutar da nova versión de LibreOffice 3.5. Unha nova versión chea de funcionalidades e melloras. Dende a Asociación recomendamos o seu uso: é libre, é unha suite profesional , corre moi ben en GNU/Linux e ademáis respecta os estándares.
LibreOffice é a suite libre máis potente para produtividade persoal de código aberto para Windows, Macintosh e Linux, que lle dá 6 aplicativos ricos en funcionalidades para todas as súas necesidades de produción de documentos e procesamento de datos: Writer, Calc, Impress, Draw, Base e Math. A asistencia e documentación é de balde grazas á nosa gran comunidade, usuarios dedicados, colaboradores e desenvolvedores