É un pracer anunciar a sinatura do convenio de colaboración entre "Marcos Vázquez Fotografía" e a Asociación Comunidade O Zulo .
Marcos Vázquez será o encargado de fotografiar as diferentes actividades do "XI Ciberencontro Kernel 2014". A particularidade do convenio é que as imaxes serán liberadas baixo licenza "Creative Commons", e publicaranse ao remate do evento na conta de Flickr da asociación.
¿Creative Commons?
Creative Commons é unha Organización Non-Gobernamental sen arela de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade de Stanford e especialista en ciberdereitos.
Obxectivos da licenza
Esta organización desenvolve plans para axudar a reducir as barreiras legais da creatividade por medio de nova lexislación e as novas tecnoloxías.
Creative Commons está inspirada na licenza GPL (General Public License) da Free Software Foundation. A idea principal é posibilitar un modelo legal con ferramentas informáticas para así facilitar a distribución e o uso de contidos para o dominio público.
Ofrece unha serie de licenzas, cada unha con diferentes configuracións ou principios, como o dereito de autor orixinal para dar liberdade para citar a súa obra, reproducila, crear obras derivadas, ofrecela de xeito público e con diferentes restricións como non permitir o uso comercial ou respectar a autoría orixinal.