Pois parece que non so de iPad vive o home. A continuación imos falar dunha serie de noticias breves que consideramos interesantes.
- Aptitude e Ubuntu 10.10. Parece que na próxima versión de Ubuntu, que todo indica que se liberará sen demoras en Outubro deste ano, xa non incluirá aptitude . Aptitude e una interfaz para apt que permite dun xeito mais sinxelo instalar e realizar operacións con paquetes(programas) en distribución Linux baseadas en Debian GNU/Linux , como poden ser Ubuntu ou Mint. Aínda que dende Canonical comentan que sí se poderá instalar activando os repositorios multiverse en Ubuntu, parécenos unha mala noticia. [Fonte]
- Firefox 3.7. A nova versión deste xenial navegador esta na versión Alpha 5. Unha boa noticia para toda a comunidade do software libre.
- Android á conquista do mundo. Parece que Android, o sistema operativo para dispositivos móbiles de Google conquista o a televisión. No Google I/O, que se celebrou no mes de Maio de 2010 en California, presentouse Google TV e confirmouse que este "novedoso" sistema correrá con Android.
- GNOME 3.0. http://gnomejournal.org queima. Todo apunta que grazas á versión de GTK3 presentarase un entorno de escritorio realmente impresionante. Un exemplo de todo o movemento que xirará entorno á Gnome 3 son as novas aplicacións que dende xa podemos instalar: Shotwell Photo Manager pode ser un exemplo.