Firefox , o navegador libre e o segundo en "cuota de mercado" con más de 400 millóns de usuarios, ten nova versión : Firefox 9.
A verdade é que a xente da Fundación Mozilla, a encargada de coordinar o proxecto, están a traballar duro neste ano 2011, pois segundo as nosas fontes esta sería a quinta versión nos últimos 12 meses.
A versión 9 de Firefox promete un 30% máis de rendemento, ademáis de melloras no motor de Javascript así como melloras na interface de usuario. [ Consultar características ]
O futuro próximo de Firefox semella interesante pois entre xaneiro e abril de 2012 xa teremos polo menos tres versións novas deste xenial navegador web.