O equipo que traballo desenrolando Transmission acaba de liberar a versión 2.0 deste xenial cliente do protocolo Bittorrent. As principais notas en canto ás melloras coas versións anteriores son:
- Usa menos recursos do sistema(tempo de CPU, RAM...) que outros clientes Bittorrent.
- Interfaces nativas para GTK,QT e Mac.
- Control remoto via web mellorado.
Dende a Asosciación recomendamos Transmission,tanto para sistemas GNU/Linux coma MacOSX.
Dende fai tempo é o cliente de Bittorrent por defecto para Ubuntu. Precisamente o rendemento e a facilidade de uso fixeron que Canonical se decidise por Transmission. Destacamos tamén a posibilidade de engadir funcionalidades a maiores instalando "plugins" que podedes atopar nesta ligazón.A documentación a pesar de estar en Inglés é moi completo.