Coméntanos dende Galpon:
"Como colaboración coa comunidade galega de LibreOffice, onte puxemos en marcha un servidor de réplica ou «mirror» de LibreOffice, que é réplica do oficial e que xa figura na lista de réplicas da propia Fundación, tal e como se pode comprobar ná páxina de servidores de réplica da The Document Foundation.
Esta réplica sincronizase cada 8 horas, co que garantese que estea sempre actualizada.
Para a súa construción, os administradores de sistemas de Galpon, seguiron as indicacións feitas pola própia TDF na súa páxina sobre o «mirroring».
Os enderezos son:
http://mirror.galpon.org/tdf e ftp://mirror.galpon.org/tdf
Nota: como os distintos paquetes aparecen ordenados por orde alfabética, a ordenación fai que o paquete principal apareza polo medio da enorme lista, entre os «helppack» e os «langpack». Os ficheiros con terminación .asc conteñen a correspondente sinatura dixital que permite comprobar a integridade do ficheiro correspondente: LibO_3.3.2_Linux_x86_helppack-deb_gl.tar.gz.asc resulta ser así un seguro de que LibO_3.3.2_Linux_x86_helppack-deb_gl.tar.gz está completo e resulta seguro."
Dende a Asociación Comunidade O Zulo queremos dar a noraboa ós amigos de GALPon polo seu esforzo e traballo. ¡Noraboa amigos!