Comentan os nosos amigos de GALPon na súa web:
Un ano máis, da man do Vicerrectorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo, GALPon impartirá un Obradoiro sobre «Introdución ao Software Libre e GNU/Linux».
Este obradoiro enmarcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2012-2013 da Universidade.
Toda a información no web de Extensión Universitaria
Índice do obradoiro:
- Introducion histórica.
- Que é un sistema operativo? e que é GNU/Linux?
- Software Libre.
- Vantaxes e inconvintes.
- Que é unha distribución? Características dalgunhas delas.
- Instalación de sistemas operativos de Software Libre baseado en GNU/Linux.
- Os xestores de xanelas e de ficheiros, cal escoller.
- Engadir e quitar aplicativos.
- Navegadores e a súa configuración.
- Editores multimedia.
- Mensaxería instantánea.
- Correo electrónico.
- Procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións.
- Outras ferramentas de uso cotian.
- Administración do propio sistema de ficheiros.
- O terminal, a máis potente ferramenta de administración.
Toda a información no web de Extensión Universitaria.
Artigo orixinal en: http://www.galpon.org/content/obradoiro-introducion-ao-software-libre-e-gnulinux