¿Cantos cables tes no teu escritorio? ¿Cantos enriba da mesa? Se misturamos este pequeno problema cunha dose de imaxinación e creatividade, qué obtemos? CableDrop. Bluelounge é unha empresa con sede en Pasadena(California) adicada ó deseño gráfico e de estructura. Entre outros productos, ofrece CableDrop e Cool Feet, que veñen a ser unha especie de pes para os portátiles, que permiten que respire o aparello.
O que máis nos chamou a atención foron dous puntos:
- Practicidade: Son "gadgets" de gran utilidade e relativamente baratos. O Cable Drop costa 10$ aproximadamente.
- Deseño. Moi ben coidado, estilo Apple, nótase que esta xente son deseñadores.
Se queredes máis información, en http://www.bluelounge.com tedes toda a gama de productos, pero velaí van uns exemplos :
[ CableDrop ]
[ CableDrop ]
[ CoolFeet ]